O LG V40 anunciarase o 4 de outubro

Outubro promete ser un mes importante en canto a lanzamentos de dispositivos Android de gama alta, con varias apostas de moito nivel sobre a mesa. Ás datas confirmadas por Google e Huawei para lanzar os seus produtos súmase agora LG, que vén de anunciar a data de presentación do LG V40.

Será  o próximo xoves 4 de outubro cando LG anuncie o seu novo terminal de gama alta, o LG V40, un modelo que incorporá tres cámaras, unha principal, outra gran angular e unha terceira que, segundo avanza o teaser, estaría destinada a mellorar o zoom.

Como xa avanzamos, ademais da presentación de LG do día 4, tamén está previsto o anuncio dos novos Google Pixel 3 para o día 9, e a continuación o Huawei Mate 20, o día 16.

Sobre o autor

Reply