Mophie ofrece novas solucións de carga sen fíos

Mophie, unha compañía vencellada á marca de accesorios ZAGG, vén de presentar catro novidades que formarán parte da familia de produtos de carga sen fíos, que inclúe un novo soporte de ventilación, un soporte de escritorio, unha base de carga wireless estándar e unha base carga sen fíos XL.

Estes produtos de carga sen fíos universais son compatíbeis, e están optimizados, para os trebellos de Apple e Samsung, así como tamén os de outras marcas habilitados para Qi. As fontes de alimentación de enerxía están deseñadas para ser empregadas en calquera lugar, ben sexa a nosa casa, coche ou mesmo en mobilidade.

Así, a Charge Stream Vent Mount permite cargar o teléfono mentres imos no coche. Trátase dun soporte para a rendixa de ventilación, que ofrece carga sen fíos ao tempo que proprociona un agarre seguro e antideslizante, permitindo poñer o móbil tanto en horizontal como vertical. Custa 69,95 euros e pódese mercar nesta ligazón.

Por outro lado, a Charge Stream Powerstation Wireless e a Charge Stream PowerStatioon Wireless XL son dúas powebanks con capacidade de carga de até 5W. Levan, respectivamente, 6040 mAh e 10.000 mAh de capacidade, e permiten cargar o teléfono ou dispositivo Qi en calquera lugar, con tan só premer un botón. Custan 79,95 € e 99,95 €.

Hai que ter en conta que toda a familia de produtos Mophie presenta compatibilidade con fundas lixeiras, sendo que de cargar trebellos que leven fundas de até 3 mm de grosor, ademais de estar protexidos con almofadiñas de goma para protexer o teléfono de rabuñadas e permitir que o permaneza ben suxeito durante o proceso de carga.

Sobre o autor

Reply