OnePlus comeza a vender os seus produtos nas tendas FNAC

Son varios os fabricantes chineses que, tras ter éxito no mercado online, deciden dar o salto ás tendas físcias, xa que unha bo parte da poboación segue preferindo ver os terminais fisicamente antes de mercalos, para descubrir así como son en realidade e percibir as sensacións que achegan.

Tras Xiaomi, Honor e Oppo, agora é a quenda de OnePlus, que vén de elixir a FNAC como socio para iniciar a distribución dos seus teléfonos no Estado español. Porén, polo de agora non será na totalidade de tendas que FNAC ten distribuídas ao longo do Estado (tamén na Coruña), senón unicamente en tres centros situados en Madrid e Barcelona (Callao, Triangle I’lla).

Polo de agora o único modelo á venda é o OnePlus 6, un terminal de pantalla de 6,28 polgadas con resolución 2280 x 1080 e protección Gorilla Glass, procesador Qualcomm Snapdragon 845, 8 GB de RAM, 128 GB de memoria interna e cámaras frontal e traseira de 16 megapíxeles. Pódese mercar por 569,90 euros.

Sobre o autor

Reply