BQ entra no programa Android Enterprise Recommended de Google

BQ vén de acadar un novo fito dentro da súa traxectoria ao entrar a formar parte de Android Enterprise Recommended, o programa de Google que certifica os mellores smartphones para o ámbito empresarial e corporativo. Faino con tres terminais: o Aquaris X2 Pro, Aquaris X2 e Aquaris X Pro.

Actualmente tan só nove fabricantes de todo o mundo pertencen a este programa, cun total de 46 modelos acreditados. Para recibir esta certificación, os dispositivos deben incluír todas as especificacións de hardware e software que Google considera imprescindíbeis para o ámbito empresarial, e que inclúen desde aspectos vencellados á versión do sistema operativo a outros como a autonomía, a cámara ou – por suposto – a seguridade.

Ademais, estes modelos deben cumprir cunha estrita política de actualizacións e ser compatíbeis con Zero Touch, a nova API de Google para o despregamento e enrolado automático co perfil de empresa. Isto permite aos equipos de IT configurar, despregar e xestionar dispositivos en bloque e de forma remota desde unha plataforma que se integra coas solucións dos principais proveedores de Enterprise Mobility Mangement (EMM), minimizando así a interacción do usuario final e permitindo ás empresas aforrar tempo e recursos.

A seguridade: a gran prioridade

A seguridade é un dos aspectos chave de Android Enterprise Recommended, xa que todos os dispositivos que forman parte do programa reciben parches de seguridade cada 90 días e, a lo menos, un cambio na versión de Android. O obxectivo é proporcionar solucións seguras, eficientes e sinxelas ás empresas nun escenario no que a mobilidade é imprescindíbel.

Sobre o autor

Reply