Google cobrará aos fabricantes por instalar a Play Store

Unha das novas destes días foi a sanción imposta a Google pola UE. Sanción que conleva cambios importantes para as apps dos nosos smartphones.

Até o de agora, Google permitía aos fabricantes incluir as súas licenzas de balde, a cambio de incluir Google Chrome nos seus productos. De agora en diante, esto xa non será así e Google vaille pasar a factura aos fabricantes por incluir a Play Store. Este custo, sopórtano os fabricantes, pero non queda claro se se vai repercurtir no prezo final dos dispositivos, pagando esta nova peaxe, as usuarias como acontece tantas outras veces. Aínda que o custo por terminal, non debería ser significativo.

Agora ben, con esta nova situación veremos situación non vistas até hoxe. Se un fabricante ten que pagar por preinstalar a Play Store, xa non está obrigado a incorporar Chrome, polo que lle podería interesar preinstalar un navegador doutro fabricante, a cambio dunha retribución económica?

Ollo, non criticamos esta situación, se non que pode favorecer o descubrimento de productos interesantes de empresas máis descoñecidas para as usuarias menos geeks.

Tamén é certo, que Google ao cobrar aos fabricantes por deixarlles instalar a tenda, estes non estan na obriga de instalar o navegador, e pode darse a situación que Google teña que pagar por que apareza o seu navegador nos novos terminais que saen ao mercado. A consecuencia, o comido polo servido, e todo cambien para que nada cambie.

Sobre o autor

Reply