Como gardar e eliminar o contido de Google+

Como de seguro ben sabedes, Google anunciou o peche de Google+, esa rede social que chegou para sustituír a Facebook. Intentouno máis quedou niso, nun intento. O certo era que, na nosa opinión tiña un deseño e funcionalidades moito máis interesantes ca Facebook, pero non entrou no corazón das usuarias.

Pois ben, o anuncio do peche chega logo de ser descuberto un bug que comprometía os datos nada menos que desde 2015 até 2018. Malia todo, de seguro que moitas de vós teñades publicado contido que pode resultar de interese conservar daqueles tempos nos que Google+ nacía e usabamos con curiosidade. Para gardar ese contido podedes facelo dun xeito moi sinxelo seguindo os seguintes pasos:

    • Premede nesta ligazón que vos levará a páxina de descarga de Google.
    • Logo tedes que seleccionar todos os productos relacionados con G+.

    • No final da listaxe, dámoslle a “seguinte” e seleccionamos o formato no que queremos gardar os nosos datos.

Unha vez creado o arquivo cos nosos datos, só temos que descargalo no noso ordenador.

Agora ben, se queredes dar un paso máis e eliminar xa o voso perfil de G+, podedes facelo entrando nesta dirección e seguindo os pasos que vos indican. Tede en conta, que este proceso é irreversible, e non poderedes recuperar a vosa conta.

Outro punto a ter en conta é a app presente nos nosos dispositivos móbiles. En moitos casos, hai app que veñen de fábrica e non podemos desinstalalas, se é o voso caso, tede en conta que aló menos poderemos deshabilitalas. Por outra banda, imaxinamos que cando Google decida eliminar a app da súa oferta permitirá a súa desinstalación dun xeito ou outro.

Sobre o autor

Reply