Facebook Messenger tamén permitirá borrar as mensaxes enviadas

Como era de supoñer, unha vez implantada a funcionalidade que permite borrar as mensaxes enviadas a través de WhatsApp, agora é a quenda doutra das aplicacións de Facebook, a de mensaxería Facebook Messenger.

Até o de agora só podíamos borrar a copia local, é dicir, que non apareza no noso dispositivo unha mensaxe que enviamos (aínda que a persoa receptora si que a teña), pero xa se está a probar o borrado dunha mensaxe enviada de maneira que esta non sexa recibida pola outra persoa.

Como se pode ver nas capturas, logo de premer un cacho de tempo sobre a mensaxe aparece a pregunta “unsend message?” que permite reverter o envío. Iso si, esta funcionalidade só está dispoñíbel durante un período de tempo, polo de agora non determinado.

 

Como nos suxire a imaxe, a opción de borrado xa está implementada na aplicación pero non está habilitada para as usuarias, polo que só queda saber a data na que se porá a disposición de todas. Agardamos que non sexa en moito tempo.

vía.

Sobre o autor

Reply