O modo vacacións chega a Whatsapp xunto con máis novidades

Hoxe en día, a dependencia do smartphone é alta. A nosa vida está tan ligada a un móbil que en moitos casos vémonos na obriga de estar pendente del a todas horas. Hoxe, calquera notificación de empresa, familiar ou entre amigas, poden chegarnos por Whatsapp.

Por iso, vense de coñecer unha ferramenta que se vai incorporar á app, para ter ese descanso tan necesario de cando en cando. Esta nova utilidade é o “modo vacacións”. A principal diferenza coa posibilidade de silenciar grupos, é que co modo vacacións os chats non aparecerán na pantalla principal.

Deste xeito, podemos ter persoas coas que si nos interesa manter contacto en periodos sagrados de descanso, como poden ser as vacacións e cos outros, xa non só non escoitar as notificacións se non que tampouco ver se un grupo ou amigo nos mandou 1 ou 50 mensaxes.

Os rumores apuntan que non o modo vacacións aparecerá como complemento do modo silencio, e non tanto como unha utilidade nova. Iso sí, polo de agora non sabemos cando estará dispoñíbel.

Outras das novidades das que se están falando nestes días, é da intención de vencellar as contras do “grupo Facebook” e deste xeito, dun xeito sinxelo xa podemos engadir o noso perfil de Instagram en Whatsapp, opción só pensada polo de agora para Whatsapp Bussiness, máis esta opción agardamos que chege a todas proximamente.

Unha opción que xa está dispoñíbel é a posibilidade de silenciar a icona de aviso nos accesos directos. É dicir, desde agora, podemos elixir non ver o número de mensaxes pendentes. Tede en conta que para activar esta funcionalidade, non temos que ir ás opcións de Whatsapp, se non que temos que pasarnos polas opcións de notificación do propio Android e desde o apartado símbolos, configurar a nosa preferencia.

Como vedes, as novidades que se agardan de Whatsapp son variadas de cara a este final de ano.

Sobre o autor

Reply