R engade o novo Honor 8X ao seu catálogo

A operadora galega R asinou hai uns días un acordo de colaboración con Honor para comezar a incorporar os móbiles desta marca ao seu portfolio. Faino ademais co Honor 8X, o modelo no que a comapañía está a centrar a súa campaña publicitaria.

Cun prezo de 10 euros ao mes para as clientas de R, o Honor 8X ofrece unhas características bastante atractivas, comezando pola súa pantalla completa – con notch – de 6,5 polgadas (1080 x 2340 píxeles) e relación pantalla – corpo do 91%, e o seu procesador, onde nos atopamos o Kirin 710 (octacore, 4 x 2,2 GHz + 4 x 1,7 GHz).

Leva 128 ou 64 GB de memoria interna (ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 400 GB) e 4 GB de memoria RAM. No apartado fotográfico dispón de dobre sensor traseiro, formado por unha cámara principal de 20 megapíxeles con enfoque láser e apertura f/1.8 e outra adicada a profundidade de 2 megapíxeles; a frontal é de 16 megapíxeles con apertura f/2.0.

A súa batería é de 3750 mAh de capacidade, dispón de slot adicado á SD (separado da dobre bandexa SIM) e como sistema operativo ten Android 8.1 Oreo, aínda que modificado coa interface EMUI 8.2.

No mercado libre pode atoparse por 249 euros o modelo de 64 GB e por 299 euros o que sube até os 128 GB.

Sobre o autor

Reply