Vodafone Bit, a proposta simple de Vodafone para móbil e fibra

A guerra de tarifas que estamos a vivir nos últimos meses está a favorecer que as empresas teñan que xogar novas bazas, simplificando as opcións para que as usuarias – especialmente aquelas que non queren enredarse con propostas que inclúen servizos que non a usar – poidan saber dun vistazo o que teñen contratado e canto van pagar.

Nesta liña, Vodafone vén de lanzar Vodafone Bit, un produto sinxelo que nace con vocación de responder á proposta que Movistar comercializa baixo a súa nova marca O2. Así, Vodafone Bit ten só dous plans de prezos:

  • Só móbil: ofrece 25 GB e chamadas ilimitadas por 25 €/mes.
  • Móbil e fibra: ofrece 25 GB con chamadas ilimitadas no móbil e fibra de 100 Mbps por 50 €/mes.

Nada de servizos ou contidos extra, liñas adicionais, televisión ou financiamento de terminais. Así mesmo, toda a interacción das usuarias coa compañía será a través do Asistente bip, dispoñíbel en Android e iOS.

Para contratalo é preciso acceder á web bit.vodafone.es.

Sobre o autor

Reply