Cuntis xa conta coa fibra óptica de R

A operadora galega R anunciou a semana pasada que o concello pontevedrés de Cuntis xa dispón de accesos ultrarrápidos a Internet e pode disfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ao despregamento das redes de nova xeración que a compañía está a espallar polo país.

Nesta primeira fase un total de 500 fogares e empresas quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 350 megas simétricos e televisión dixital multicanle, aínda que a cifra ascenderá ao milleiro cando se completen os traballos previstos pola compañía.

Este despregamento de rede forma parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía  e Empresa dos que R foi adxudicataria en 2016 para despregar fibra até o fogar (FTTH) en “zonas brancas”, é dicir, concellos nos que non se dispuña de acceso a alta velocidade.

Sobre o autor

Reply