Oppo A7X, un novo gama media con boa presenza e notch en pantalla

Seguimos avanzando nun mes cheo de presentacións e anuncios de novos produtos, desta vez falando de Oppo, un dos fabricantes chineses que está a traballar na súa expansión internacional con produtos que chaman bastante a atención. Desta vez falamos do Oppo A7X, un modelo de gama media que destaca polo seu coidado deseño e por concar cun notch en pantalla de reducidas dimensións.

Especificacións do Oppo A7X

O A7X leva unha pantalla de grandes dimensións, concretamente 6,3 polgadas cunha relación de aspectoo de 19.5:9. No seu interior alberga un procesador MediaTek Helio P60, fabricado en 12 nanómetros e con estrutura de oito núcleos (4 x Cortex A73 a 2 GHz e 4 x COrtex A53 a 2 GHz), gráfica Mali-G72 MP3 , 4 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenaxe interna.

Na parte traseira do dispositivo atopámonos coa cámara principal, con 16 megapíxeles e flash LED, mentres que a dianteira – situada nun minúsculo notch –  é de 8 megapíxeles. Ambas as dúas están equipadas con funcionalidades de recoñecemento de escenas por intelixencia artificial (AI).

En canto ao resto de características destaca a presenza do lector de pegadas dixitais na parte traseira, o jack de audio 3.5 mm e a conectividade Bluetooth, WiFi e 4G / LTE. O sistema operativo é Android 8.1 Oreo, aínda que coa interface do fabricante Color OS 5.2.

Deseño e acabados premium

O Oppo A7X implica subir de nível no que a presenza se refire, xa que estamos ante un terminal de deseño coidado (especialmente se vemos a evolución no notch, cada vez máis pequeno no camiño de reducir a incomodidade que supón per sé) e uns materiais acordes, co cristal como gran protagonista.

Así mesmo, este mimo polo estético tamén se aprecia na elección de cores, apostando polos degradados azuis que están a empregar cada vez máis marcas, especialmente as de orixe chinés.

Dispoñibilidade e prezo

O Oppo A7X distribuirase na China desde o 14 de setembro en dúas cores, ambas de aspecto degradado, cun prezo 2099 iuáns, que veñen a ser algo máis de 260 euros co tipo de cambio actual.

Sobre o autor

Reply