Vodafone lanza o “ultramóbil” Palm ligado a OneNumber

Vodafone vén de anunciar o lanzamento en exclusiva de Palm, o primeiro dispositivo dunha nova categoría chamada “ultramóbil”, que combina os mellores elementos de conectividade dos wearables e dos smartphones. E faino ligándoo a Vodafone OneNumber, o servizo que permite empregar o mesmo número de teléfono, compartindo a voz, as mensaxes e a franquía de datos da súa tarifa.

Palm é un dispositivo pequeno, deseñado para ser o trebello secundario das usuarias para que poidan estar sempre conectadas sen ter que levar o teléfono enriba, de maneira que se convirte nun elemento a ter en conta para facer deporte ou meter en calquera peto.

Entre as súas características destaca a presenza dun “Modo vida” que nos axuda a desconectar, así como tamén a protección segundo o estándar IP68 que o protexe contra pó e auga, resistindo a vida das persoas máis activas. Dispón de desbloqueo facial e é compatíbel con todas as aplicacións da Play Store, xa que usa Android 8.1 como sistema operativo, aínda que modificado.

A súa pantalla é de 3,3 polgadas (720 x 1280 píxeles) e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 435 (4 x 1,4 Ghz e 4 x 1,1 GHz). xunto con 32 GB de memoria interna e 3 GB de memoria RAM. As súas cámaras son de 12 e 8 megapíxeles, e a batería de 800 mAh. Como porto de conexión leva USB – Tipo C.

Prezos e dispoñibilidade

O novo Palm chega o próximo 10 de decembro á tenda online e ás tendas físicas de Vodafone, cun prezo libre de 410 euros, aínda que as persoas que o queiran mercar a prazos poden facelo asinando unha permanencia de 18 meses:

  • Sen pago inicial: 15,50 €/mes durante 24 meses (con Vodafone One M e Vodafone One S)
  • COn pago inicial: 179 € iniciais e 8 €/mes durante 24 meses (plans RED).

Ademais, o prezo de OneNumber para Palm e outros dispositivos secundarios ten un custe de 6 €/mes, sen ningún tipo de permanencia.

Sobre o autor

Reply