Fíltranse o Moto G7 Power e o Huawei Nova 4

Ao longo desta semana chegaron dúas importantes filtracións, unha relativa a Huawei e outra a Motorola. En ambos casos a información ten que ver con trebellos que están por chegar: o Huawei Nova 4 e o Moto G7 Power.

O Huawei Nova 4 é un terminal que destaca por implementar o que Samsung deu en chamar Infinity-O Display, unha solución alternativa ao molesto notch para integrar a cámara frontal na pantalla. Deste modo redúcese o espazo ocupado polas cámaras dianteiras ao mínimo, de maneira que as usuarias poden disfrutar máis desa “pantalla completa”. Segundo parece, a presentación desde dispositivo sería en decembro, data na que previsibelmente coñeceremos todos os seus detalles.

Por outro lado, coa filtración do Moto G7 Power a Lenovo non lle queda case nada por amosar da súa nova xeración de smartphones, logo de que tivera saído información das versións estandar (G7) e variantes G7 Plus e G7 play. Como é de imaxinar, a versión Power ten unha batería moi superior ao resto, concretamente de 5000 mAh. de capacidade.

Polo de agora non hai informaicón clara sobre o resto de especificacións, e todo o que chega é rumorolía sen moita claridade. Haberá que esperar aínda unhas semanas para que teñamos toda a información oficial.

Sobre o autor

Reply