Xa podemos instalar WhatsApp nas tablets desde a Play Store

Até o de agora era totalmente imposíbel atopar WhatsApp na Play Store ao acceder desde unha tablet, aínda que parece que isto está a piques de cambiar: a compañía, agora en mans de Facebook, vén de activar a súa presenza na tenda de aplicacións de Google, aínda que de momento só na súa fase beta.

Isto significa que dentro de pouco tempo todas as usuarias – beta ou non – poderemos descargar e instalar WhatsApp nunha tablet sen ter que acudir aos autoinstalábeis apk que podemos atopar en diversas páxinas online.

En calquera caso, esta novidade non implica que WhatsApp vaia permitir empregar a mesma conta – o mesmo número – para ter o servizo de mensaxería instantánea á vez no teléfono e na tablet, senón que se queremos instalar WhatsApp nunha tableta poderemos facelo directamente desde a Play Store. Actualmente, a única opción de empregar WhatsApp nunha ubicación diferente ao teléfono é recorrendo ao uso de “WhatsApp Web”.

Sobre o autor

Reply