Qualcomm anuncia o seu novo procesador Snapdragon 855

Qualcomm anunciou onte nun evento en Hawai o seu novo procesador tope de gama, o Qualcomm Snapdragon 855, internamente coñecido como Snapdragon 8150. Será, sen lugar a dúbidas, o principal procesador que veremos en moitos smartphones de gama alta do próximo ano 2019.

Fabricado con tecnoloxía de 7 nanómetros, o novo procesador de Qualcomm divide a súa potencia en tres bloques: un núcleo de alto rendemento, tres núcleos de rendemento medio e catro núcleos máis eficientes en canto a consumo enerxético.

O núcleo principal será 1 x Cortex-A76 a 2,8 GHz, mentres que os tres núcleos de rendemento medio serán 3 x Cortex-A76, pero a 2,4 GHz. Por último, os núcleos máis eficientes a nível enerxético son 4 x Cortex-A55 a 1,78 GHz. Xunto a eles temos uns gráficos Adreno 640, até un 20% máis rápidos que os Adreno 630 do Snapdragon 845.

Entre as súas novidades, o Qualcomm Snapdragon 855 inclúe o módem Snapdragon X50, que permite o acceso á conectividade 5G, cuxas primeiras probas comerciais terán lugar o próximo ano. Así mesmo, incorpora tamén unha NPU adicada, destinada a aumentar o rendemento de Intelixencia Artificial, e tecnoloxía Elite Gaming para mellorar a experiencia de xogo.

Sobre o autor

Reply