R aumenta a velocidade das conexións fixas

A poucos días de que acabe o ano, a operadora galega R quere darlle unha alegría á súa clientela, e faino recuperando unha das súas tradicionais subas de velocidade nas conexións fixas, logo de moitos meses sen cambios neste aspecto.

As novas velocidades divídense en tres opcións: 100, 200 e 300 megas. Deste modo, os cambios que notarán os actuais clientes da compañía:

  • 100 megas. Será a velocidade que disfruten as usuarias que até o de agora tiñan contratado 60 megas.
  • 200 megas. As usuarias con conexións de 100 megas dobran a velocidade até os 200 megas.
  • 300 megas. Na mesma liña, as usuarias con conexións de 200 megas aumentan a velocidade até os 300 megas.

Queda por ver que vai acontecer coas usuarias dos 350 megas, pois de momento non verán incrementado a súa velocidade de conexión. Porén, desde a compañía sinalan que están a traballar para ofrecer maiores velocidades, unha novidade que chegará durante o primeiro trimestre do 2019.

Ao igual ca cos anteriores cambios de velocidade, a actualización vai ser gradual e por zonas, polo que se sodes clientas da compañía é cuestión de tempo que recibades o incremento na velocidade.

Tags:

Sobre o autor

Reply