ING será compatíbel con Apple Pay en breve

Pagar co noso móbil é algo cada vez máis habitual, e aínda que en Android temos a sorte de poder disfrutar de aplicacións propias dos bancos que nos permiten facelo se temos un teléfono compatíbel, a meirande parte das usuarias prefiren aplicacións de pago que permiten ter todas as tarxetas – de diferentes bancos – nun mesmo lugar, como Samsung Pay ou Google Pay.

Porén, aí temos unha segunda limitación, pois non todos os bancos son compatíbeis con todos os sistemas de carteira de pago. Por exemplo, Samsung Pay só é compatíbel coas tarxetas de Abanca, CaixaBank, Bankia, Cetelem, El Corte Inglés, ImaginBank, OpenBank, Sabadell, Santander e WiZink, e Google Pay con American Express, Bankia, BBVA, N26, OpenBank, e Revolut.

Algo semellante acontece coa alternativa Apple Pay, dispoñíbel para os dispositivos iOS máis ou menos recentes, e que conta cun número limitado de bancos compatíbeis.

ING, novo aliado de Apple Pay

Hoxe é nova que ING será compatíbel con este sistema de pagos en breve, de maneira que as usuarias de Apple Pay poderán pagar de forma doada cos seus iPhone, iPad, Macs ou Apple Watch.

Desde o 2016 Apple Pay está dispoñíbel no noso país, e coa integración de ING acadan os 8 bancos compatíbeis (ademais Santander, BBVA, Caixabank, Sabadell, Bankia, Bankinter e Cajamar). Quedan aínda algúns grandes bancos por integrar esta tecnoloxía, como Abanca, Kutxabank, Unicaja e Ibercaja, mais de momento non hai novas ao respecto.

Sobre o autor

Reply