OPPO anuncia un zoom óptico lossless 10x que estreará no MWC

O fabricante chinés OPPOvén de presentar a súa próxima tecnoloxía de zoom óptico lossless 10x na “2019 Future Technology Communication Conference”. Durante o evento, un portavoz da compañía asegurou que a tecnoloxía de zoom óptico lossless 10x cumpre cos estándares comerciais, polo que está preparada para a produción masiva, e avanzou as primeiras demos durante o próximo Mobile World Congress de Barcelona.

Tres cámaras para o zoom 10x

Para pór en marcha esta nova tecnoloxía, OPPO desenrolou unha solución de triple cámara, consistente na combinación dun sensor Ultra Wide Angle, cun Ultra Clear Master e un Telephoto. A cámara Ultra Wide Angle ten un rango focal equivalente de 15,9 mm, o que aporta unha capacidade única ao seu visor. A cámara principal garante a calidade da fotografía, e a cámara Telephoto, cun alcance focal equivalente a 159 mm, combinada coa “peep-up structure” orixinal para soportar un zoom de alta ampliación, pode garantir fotografías de longa distancia e alta calidade.

As tres cámaras funcionan en conxunto para maximizar as súas respectivas vantaxes, optimizando a calidade de imaxe en varios rangos de zoom e acadar un aumento de 10x con total garantía. Ademais, para manter a calidade de imaxe en todos os rangos, OPPO introduciu a estabilización óptica de imaxe dual OIS tanto nas cámaras estándar como na Telephoto.

Por outro lado, ademais da estrutura de triple cámara, a primeira “periscope structure” de OPPO tamén é fundamental para acadar un zoom 10x sen perdas. O deseño, inspirado nun periscopio (de aí o nome), aproveita ao máximo o ancho e o grosor do smartphone a través da disposición lateral e a refracción do conxunto de lentes. Deste xeito afórrase espazo e o dispositivo pode empregar unha compoñente óptica máis grande ao tempo que se asegura que o corpo do smartphone continúa sendo fino e lixeiro.

Novidades tamén no lector de pegadas dixitais

Por outro lado, OPPO tamén desvelou unha nova tecnoloxía de zona ancha para o recoñecemento óptico de pegadas dixitais, que recoñece eficazmente unha área até 15 veces maior que a solución óptica actual. Deste xeito, as usuarias poden desbloquear o teléfono ou pagar ao pór o dedo (coa súa pegada dixital) en calquera lugar da zona de recoñecemento.

A zona ancha de recoñemento óptico de pegadas dixitais de OPPO inclúe ademais funcións innovadoras, como a entrada e autentificación simultánea con dous dedos, mellorando exponencialmente a seguridade nos pagos ao acadar un nível de seguridade até 50.000 veces superior ao dunha súa pegada dixital.

Así mesmo, a nova tecnoloxía tamén incorpora a función “Optical Encryption”, que en comparación coas operacións tradicionais de dous pasos nas que as usuarias teñen que activar a aplicación de cifrado antes de poder desbloqueala, todas as aplicacións do “Optical Encrytion Area” poden activarse, autentificarse e desbloquearse cun só clic.

Os produtos equipados con esta tecnoloxía óptica de pegadas dixitais lanzaranse no 2019, polo que o máis probábel é que sexa durante o Mobile World Congress cando comecemos a ver algún novo modelo que a implemente

Sobre o autor

Reply