Novo Meizu Note 9 con cámara de 48 Mpx

Pouco a pouco Meizu vaise introducindo en varios mercados – entre eles, no noso país – cos seus terminais, e semella que durante este 2019 tentará consolidar e afianzar a súa posición con novos modelos con características bastante atraíntes para as usuarias.

O primeiro dos modelos da marca chinesa que verá a luz este ano é o Meizu Note 9, un terminal que malia non ter sido presentado foi dado a coñecer polo CEO da compañía, Jack Wong, a través das redes sociais, onde avanzou varias das súas especificacións.

O Meizu Note 9 chegará cunha pantalla de 6,3 polgadas, e supón a estrea da marca nos paneis con “notch”, neste caso de estilo “pinga”. Ademais levará unha cámara de dobre sensor, o principal de 48 megapíxeles. Como sistema operativo leva Android 9 Pie, aínda que customizado coa interface Flyme.

O procesador será o Qualcomm Snapdragon 6150, que segundo apuntan todos os datos é o nome en clave do Snapdragon 675, e a batería acadará os 4.000 mAh de capacidade.

Malia toda esta información, aínda quedan moitos detalles por descubrir deste modelo, mais será preciso agardar aínda uns días para que se produza a súa presentación oficial.

Sobre o autor

Reply