Honor anuncia o Honor View 20 con cámara de 48 Mpx

Honor, a marca alternativa de Huawei, anunciou onte nun evento propio en París un novo modelo, o Honor View 20. Trátase dun dispositivo que chega para converterse no novo buque insignia da marca, e que vai estar dispoñíbel para mercar por 549 euros.

Entre as súas características estrela cabe destacar o apartado fotográfico, no que temos unha cámara principal de 48 megapíxeles (sensor SONY IMX584 con CMOS de 1/2 polgada) e outra frontal de 25 megapíxeles, incrustada nunha pantalla furada.

No seu interior temos o procesador Kirin 980 con intelixencia artificial (IA) e fabricado en 7 nm, que destaca pola súa tecnoloxía WiFi de triple antena AI, o que mellora a conectividade neste tipo de redes. Por outro lado, a súa batería sitúase nos 4000 mAh de capacidade.

Haberá dúas versións dependendo da súa capacidade, unha de 6 GB de RAM e 128 GB de almacenaxe interna, que vale 549 euros, e outra de 8 GB + 256 GB por 699 euros. En canto ás cores, poderase elixir entre negro (midnight black), azul (sapphire blue) e outros dous codeseñados por Moschino (phantom blue e phantom red).

Sobre o autor

Reply