iRobot anuncia “Terra”, a Roomba para o xardín

iRobot, o fabricante detrás dos aspiradores autónomos Roomba, vén de anunciar o lanzamento en probas de “Terra“, un novo robot que está destinado a cortar o céspede, aínda que mantendo moitas das características de funcionamento das Roomba’s.

O funcionamento de Terra é moi semellante ao que teñen os aspiradores autónomos da marca, ao empregar a mesma tecnoloxía de mapeo grazas ao cal sabe por onde vai na faena e pode continuala se se dá o caso de ter que ir á base recargar a batería co traballo sen rematar. A súa automía é de aproximadamente unha hora, con dúas horas de tempo de recarga.

En termos de deseño, Terra está equipado de materiais que fan que sexa impermeábel, e a nível técnico temos un sistema de dobre coitela modular e unha opción antichoques.

Para marcar o territorio no que traballará o robot pódense empregar uns beacons inarámicos que emitirán un sinal, creando unha sorte de barreira. A través desde a aplicación poderemos monitorizar a actividade de Terra e programar rutinas de traballo, como as zonas a cortar ou a altura da herba.

Polo de agora este produto está dispoñíbel en Alemania para un grupo reducido de usuarios que o están a usar en probas, mais a idea da compañía é que se comercialice en países como o citado e Estados Unidos, entre outros, antes de rematar este 2019.

Sobre o autor

Reply