MásMóvil e Yoigo dobran a velocidade da fibra e crean tarifas con máis gigas

O Grupo MásMóvil vén de anunciar novidades na oferta converxente e nas tarifas de móbil que afectan ás dúas principais marcas da compañía, MásMóvil e Yoigo, que supoñen dobrar as velocidades das conexións de fibra e unha nova oferta de tarifas con máis gigas de navegación móbil.

Yoigo

A oferta de Yoigo mellora en todos os aspectos, comezando porque a velocidade de partida para as conexións fixas sitúase nos 100 Mbps simétricos, que poden ser 600 Mbps simétricos por 10 € máis ao mes ou 1 Gbps simétrico por 20 € máis.

No caso da oferta converxente, a única tarifa sen cambios é a Fibra + La Sinfín 3 GB, que queda nos 47 euros ao mes habituais. Polo demais, créanse dúas novas tarifas:

  • Fibra + La Sinfín 8GB por 54 €/mes (nova)
  • Fibra + La Sinfín 30 GB por 59 €/mes (engade 5 GB sen mudar prezo)
  • Fibra + La Sinfín Infinita por 79 €/mes

Ademais teremos unha liña Duo de balde, con chamadas ilimitadas e datos a compartir coa liña principal, á que poderemos engadir até 3 Duo máis por 9 €/mes

No que ten a ver coas tarifas de só móbil temos dúas tarifas que permanecen sen cambios e dúas novas:

  • La ciento 2 GB: 2 GB + 100 minutos por 14 €/mes (sen cambios)
  • La ciento 5 GB: 5 GB + 100 minutos por 19 €/mes (sen cambios)
  • La Sinfín 8 GB: 8 GB + ilimitadas por 27 €/mes (nova)
  • La Sinfín 30 GB: 30 GB + ilimitadas por 32 €/mes (nova).

MásMóvil

MásMóvil recibe novidades que van no mesmo sentido, dobrando tamén a velocidade da fibra e ofrecendo opcións de 100 Mbps simétricos ou 600 Mbps simétricos por 10 €/mes a maiores.

Na oferta converxente temos 3 opcións a escoller, todas con chamadas ilimitadas:

  • Fibra + móbil (3 GB + ilimitadas) por 39,89 €/mes
  • Fibra + móbil (6 GB + ilimitadas) por 43,89 €/mes
  • F ibra + móbil (3 GB + ilimitadas) por 49,89 €/mes

Se falamos de tarifas de só móbil a oferta de MásMóvil queda do seguinte xeito:

  • Chamadas ilimitadas por 9,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 600 MB por 12,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 2 GB por 17,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 3 GB por 23,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 6 GB por 23,90 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 20 GB por 29,90 €/mes

Condicións para clientes actuais

As usuarias actuais de Yoigo e MásMóvil poderán continuar coas tarifas actuais sen suba de prezo nin cambio nas condicións, aínda que de xeito opcional poderán pedir o cambio a unha das novas tarifas.

Sobre o autor

Reply