Pepephone xa dispón de eSIM

Pepephone vén de anunciar que, desde hoxe, as súas clientas xa poden solicitar unha tarxeta eSIM para asociada a cada unha das súas liñas móbiles, sumándose así ás grandes operadoras Vodafone, Orange e Movistar, as únicas que ofrecían este servizo até o de agora.

Durante o proceso de alta as novas clientas poden escoller entre unha tarxeta eSIM ou unha tarxeta física convencional, mentres que as usuarias actuais da compañía que desexen contar con este servizo deberán solicitalo a través do servizo de atención ao cliente da operadora.

Segundo indica Pepephone, as súas tarxetas non son aínda compatíbeis con reloxos intelixentes e outros dispositivos semellantes, senón unicamente con smartphones, entre os que destaca a última serie de Apple: iPhone XS, iPhone XS Max e iPhone XR.

Tras este movemento é de prever que o resto de marcas do Grupo MásMóvil (ao que pertence Pepephone), como Yoigo e MásMóvil, non han tardar moito en recibir esta novidade.

Sobre o autor

Reply