Google aumenta o número de dispositivos compatíbeis con Instant Tethering

A finais de 2017 Google anunciou o Pixelbook, e con el chegou unha característica moi interesante chamada Instant Tethering, que até o de agora era exclusiva dos trebellos que comercializa directamente a propia Google.

Grazas a esta funcionalidade o noso trebello Android pode compartir de maneira instantánea a conexión á Internet móbil co noso Chromebook cun simple click. O funcionamento é bastante sinxelo: se o Chromebook non ten acceso a unha rede WiFi coñecida intentará localizar o noso teléfono por Bluetooth e, se o detecta, amosará unha notificación para conectarnos directamente.

Novos Chromebooks e teléfonos compatíbeis

Até o de agora os únicos dispositivos compatíbeis con esta funcionalidade eran os Chromebooks Google Pixelbook e os Google Pixel Slate, ademais dos smartphones Pixel, Pixel XL, Pixel 2, Pixel 2 XL, Pixel 3, Pixel 3 XL, Nexus 5X, Nexus 6 e Nexus 6P. Porén, a lista vese agora incrementada con 15 novos Chromebooks e 31 móbiles.

Chromebooks:

  • Acer: Chromebook 13, Chromebook 14, Chromebook 15, Chromebook R11, Chromebook Spin 13.
  • Asus: Chromebook C423, Flip C302.
  • HP: 11 G5, X2, X360 14
  • Lenovo: Yoga Chromebook C630.
  • Samsung: Chromebook 3, Plus V2, Plus V2 LTE

Smartphones

  • Huawei: Mate 10, Mate 10 Pro, Mate 20, Mate 20 Pro, Mate 20 X
  • Samsung: Galaxy S7, S7 Active, S7 Edge, Note 8, S8, S8+, Note 9, S9, S9+
  • Motorola: Moto Z2 Force
  • One Plus: 5, 5T, 6, 6T
  • LG: G7 ThinQ, V30, V30+, V30S ThinQ, V30S+ ThinQ, V35 ThinQ, V40 ThinQ
  • HTC U11, U11+, U12+

Sobre o autor

Reply