O2 xa conta con eSIM

Tras o anuncio de Pepephone de incluír o servizo de SIM virtual para a súa clientela, agora é O2 quen dá o paso. A marca de baixo custo coa que opera Movistar súmase ás que ofrecen este servizo, aínda que de maneira algo limitada.

A tarxeta SIM virtual (e-SIM) de O2 só funciona correctamente, polo de agora, en catro dispositivos de Apple (o iPhone XS, o iPhone XS Max, o iPhone XR e o iPad Pro). No resto de trebellos con esta tecnoloxía a compañía non asegura o seu funcionamento total.

Para solicitala, a clientela debe chamar ao 1551 (número gratuíto) e a continuación enviar unha copia do documento de identidade para poder verificar a titularidade da liña. A resposta será en modo de PDF cos datos necesarios para a activación (PIN, PUK, ICCID e código QR).

O2 é a quinta compañía que opera no estado español en incluír o servizo de SIM virtual tras Orange, Vodafone, Movistar e Pepephone.

Sobre o autor

Reply