BlackBerry presenta a Key2 Red Edition no MWC

TCL desvelou no Mobile World Congress unha edición especial dun dos seus teléfonos estrela do catálogo, a BlackBerry Key 2, que agora chega tamén en vermello. É a BlackBerry Key2 Red Edition.

Esta variante do modelo orixinal mantén as características técnicas da versión orixinal, mais introduce un cadro vermello intenso de aluminio (serie 7) con detalles en negro que cubre o fondo texturizado e as teclas, creando unha nova imaxe dun teléfono xa de por si icónico.

Dispoñibilidade e prezo

A BlackBerry Key2 Red Edition estará dispoñíbel en certos mercados de Norte América, Europa, Oriente Medio e Asia a partir de 779 euros, e incluirá tamén un set de auriculares vermellos da propia marca.

Aquelas persoas interesadas nelas poden adquirila directamente desde a páxina web da marca.

Sobre o autor

Reply