Hisense anunciou dous móbiles no MWC, un con pantalla de e-ink

Aínda que Hisense non é unha marca de venda masiva no noso país, pouco a pouco vai chegando a máis público cos seus dispositivos que xa comercializa a través de varios distribuidores.

Durante o Mobile World Congress celebrado a semana pasada, a compañía aproveitou para presentar dous novos terminais, un dos cales destaca especialmente un por incorporar unha segunda pantalla de tinta electrónica (e-ink), o que permite extender enormemente a duración da batería sen prescindir de usar o teléfono. É o Hisense A6.

Porén, como xa avanzamos, este Hisense A6 non chega só, senón que o fai acompañado do Hisense U30, un modelo co que comparte algunhas características, como a inclusión de paneis AMOLED ou os procesadores Qualcomm.

Hisense A6

O Hisense A6 combina dúas pantallas, a frontal é de 6,01 polgadas Full HD AMOLED, mentres que a traseira é de tinta electrónica e ten un tamaño de 5,1 polgadas en HD.

Está equipado cunha cámara traseira de 12 megapíxeles, aínda que con dúas unidades de detección de luz, o que permite aumentar esta resolución até os 24 píxeles. A frontal é de 16 Mpx.

Leva 6 GB de memoria RAM, 64 ou 128 GB de memoria interna e unha batería de 3.300 mAh de capacidade. O seu procesador é o Qualcomm Snapdragon 660, un modelo bastante extendido dentro da gama media premium.

Hisense U30

Do outro lado temos o Hisense U30, o primeiro teléfono que incorpora o procesador Qualcomm Snapdragon 675, con soporte para cámaras de até 48 Mpx.

Leva 8 GB de RAM e128 GB de memoria interna, e a súa pantalla Infinity-O sitúase nas 6,3 polgadas con resolución Full HD. A batería é de 4500 mAh de capacidade, con carga rápida 4.0, e o lector de pegadas dixitais combínase co recoñecemento facial para ofrecer alternativas para a autentificación.

Dispoñibilidade e prezo

Durante a feira confirmar que está previsto que ambos modelos cheguen ao noso país, aínda que non o seu prezo, que será oficializado en poucas semanas.

Sobre o autor

Reply