LG anuncia a chegada do K40 ao noso país

LG anunciou onte o lanzamento dun novo modelo da serie “K” no noso país, o LG K40, un dispositivo de gama media no que a compañía introduciu algunhas características que até non hai moito tempo quedaban reservadas ás gamas máis punteiras, contribuíndo a subir un pouco o listón nesta gama.

Deste modo,o 4K integra un sistema de cámara dual con funcionalidades de intelixencia artificial e son envolvente de 360 graos (DTS-X 3D), ademais dunha pantalla IPS de 5,7 polgadas FullVision. Tamén destaca pola súa resistencia e seguridade, contando con certificación militar de resistencia (MIL-STD 810G).

Características técnicas

Como xa avanzamos, o LG K40 vén cunha pantalla IPS-LCD de 5,7 polgadas con resolución HD+ (1440 x 720) e formato 18:9, e no seu interior alberga un procesador de oito núcleos a 2 GHz, xunto con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 2 TB.

No apartado fotográfico leva unha cámara principal dual, sendo a principal de 16 megapíxeles. Na parte frontal temos un sensor de 8 megapíxeles, con autoenfoque por láser.

A súa batería é de 3000 mAh de capacidade, e no ámbito da conectividade temos Bluetooth 5.0, WiFi de dobre banda, NFC e USB 2.0. Tamén dispón de lector de pegadas dixitais, situado na parte traseira do trebello.

Dispoñibilidade

O LG K40 está dispoñíbel para mercar a través das canles habituais do fabricante a 179 euros. Pódese adquirir en dúas cores, negro e azul.

Sobre o autor

Reply