Vodafone aposta por unha televisión máis flexíbel

Vodafone anunciou estes días novidades no seu servizo de televisión, Vodafone TV, organizando os seus contidos en cinco paquetes temáticos, de maneirra que a clientela poderá escoller, a partir do próximo día 14, contratar de forma independente e dacordo coas súas preferencias, unicamente aqueles contidos que lle interesen.

Estes paquetes (Packs Seriefans, Pack Serielovers, Pack Cinefans, Pack Documentales e Pack Peques) inclúen os seguintes contidos:

  • Pack Seriefans. Inclúe todas as series de HBO España, FOXNOW e AXN Now, e centos de series máis para velas baixo demanda por 10 €/mes. Ademais tamén inclúe TNT, Calle 13, Comedy Central, Cosmo, SYFY, XTRM, FOX, FOX Life, AXN, AXN WHITE y AMC.
  • Pack Serielovers. Ademais da oferta de Seriefans, tamén leva todas as series de Starzplay e Movistar Series por 16 €/mes
  • Pack Cinefans. Leva un extenso catálogo con milleiros de películas de todos os xéneros dispoñíbeis baixo demanda, desde os clásicos de TCM e SOMOS ás últimas estreas de Hollywood en Movistar Estrenos, así como o cinema independente de FILMIN, e as canles DARK e Canal Hollywood. Custa 16 €/mes.
  • Pack Documentales. Como o seu nome indica, inclúe todos os contidos de documentais e entretemento. Por 8 €/mes leva Historia, Odisea, Discovery Channel, National Geographic+, National Geographic, National Geographic Wild, Viajar, Crimen e Investigación, FunBox , Insight UHD, Blaze, My Zen TV,   Stingray Festival4K, Slow Channel 4K, Canal Cocina, Decasa, MTV,  My MTV, Sol Música, HIT TV e Fashion One.
  • Pack Peques. Por último, o Pack Peques inclúe series, programas, películas e debuxos en Disney Junior, Disney XD, Nickelodeon, Canal Panda, Nick Jr., My Nick Jr. e Baby TV por 5€/mes.

Con esta nova proposta, as usuarias de Vodafone poderán pagar unicamente por aqueles contidos que lles interesan, aforrando algúns cartos na tarifa de televisión.

Sobre o autor

Reply