Abanca prepara a chegada de Apple Pay

Cun breve tweet Abanca anunciou a finais da semana pasada que “en breve” terá soporte para Apple Pay, o sistema de pagos móbiles da compañía da mazá. Todo apunta a que será a comezos de maio cando as usuarias dos produtos de Apple compatíbeis poderán usar as súas tarxetas de Abanca para pagar nos establecementos compatíbeis con pago contactless.

Porén, Abanca non será a única entidade que integrará Apple Pay nas próximas semanas, xa que ademais tamén parece que chegará a outros nove bancos da rede Euro 6000. Son Caixa Ontinyent, Cajasur, Cecabank, Colonya Caixa Pollença, Red Euro 6000, Ibercaja, Kutxabank, Liber Bank e Unicaja Banco.

Apple Pay chegou ao noso país da man do Banco Santander a finais de 2016, e desde aquela foi engadindo aos poucos novas entidades financieiras, como Caixabank (outubro de 2017), Caja Rural, Evo Banco e Bankinter (abril de 2018), Sabadell, Bankia e BBVA (xullo de 2018), Mediolanum Banco Pichincha, Cajamar, Pibank e Laboral Kutxa (outubro 2018) e ING Direct (abril de 2019).

Sobre o autor

Reply