Movistar abre a súa televisión ás usuarias de outras operadoras

Estamos afeitas a que cada vez haxa máis servizos OTT (Over The Top), que podemos contratar parar consumir contidos con independencia da operadora que nos ofreza conexión á rede. Os exemplos máis típicos son Netflix e HBO, a quen se lles vai sumar un novo competidor: nin máis nin menos ca Movistar.

A operadora ofrecerá a partir de xuño, e por 8 euros ao mes, os contidos orixinais de Movistar, entre os que se inclúen as canles #0, #Vamos, Movistar Series e Movistar Seriesmanía, ademais dun catálogo composto por 300 series documentais, 270 películas e 60 programas en servizo baixo demanda, con contidos propios e de terceiros.

Con esta novidade xa non teremos que ser de Movistar para poder disfrutar dos seus contidos de televisión, mais haberá que ver canta xente está disposta a sumar outros 8 euros de subscrición mensual por outro servizo de contidos audiovisuais.

Sobre o autor

Reply