Xiaomi comercializa desde hoxe o Mi Mix 3 5G en Europa

O fabricante chinés Xiaomi comercializa desde hoxe, 2 de maio, o seu primeiro terminal 5G en Europa. Faino cunha distribución discreta, xa que polo de agora comeza por Suíza nun acordo coa operadora local Sunrise.

O modelo en cuestión é o Xiaomi Mi Mix 3 5G, unha versión especial do Mi Mix 3 que engade o módem Qualcomm Snapdragon X50 5G, o que permite conectarse á banda sub-6 GHZ, queten unha velocidade de descarga de clase Gigabit, 10 veces máis rápida que a rede 4G.

Ademais, o trebello é un dos primeiros que incorpora o procesador Qualcomm Snapdargon 855, que dispón de sistema de refrixeración híbrido.

Sobre o autor

Reply