Xa podemos gardar todo tipo de arquivos en Google Drive sen conexión

Acabamos de coñecer que desde agora, poderemos gardar calquera tipo de arquivo no sistema de almacenamento na nube de Google, sen precisar dunha conexión.

Até o de agora, podiamos gardar sen concexión follas de cálculo, docs e mesmo diapositivas, pero nada máis. Neste punto está a nova do día, pois desde agora, podemos facer o mesmo con calquera tipo de arquivo que precisemos gardar en Google Drive.

Deste xeito se cando queremos gardar unha imaxe, un pdf ou mesmo documentos de Microsoft Office, podémolo facer sen conexión a través de Google Chrome.

Iso si, tedes que ter en conta que esta nova funcionalidade está en fase de probas, sendo preciso o rexistro nunha web expresamente deseñada para que nos den acceso a Google Drive Offline.

Como dicimos está aínda en fase beta polo que podería non funcionar axeitadamente máis todo indica que en non moito tempo Google Drive sen conexión poderá abrirse a todas as usuarias.

Sobre o autor

Reply