Nokia actualizará todo o seu catálogo a Android 9 – Pie

Nokia deu un duro golpe sobre a mesa ao anunciar a actualización de todo o seu catálogo de dispositivos – e cando din todos, son todos – a Android 9 – Pie.

A nova é de gran relevancia, xa que o fabricante ten previsto actualizar desde os modelos máis económicos – que adoitan quedar fóra de calquera plan de actualizacións aos modelos de referencia.

Excited to share that our most affordable smartphone, Nokia 1, upgrades to Android 9 Pie starting today. Now there is a Nokia smartphone for everyone running Pie – bringing to you the latest experiences from Google. Nokia phones just keep getting better #Getsmart #Nokiamobile pic.twitter.com/BYONKx6q5n— Juho Sarvikas (@sarvikas) 25 de junio de 2019


O encargado de dar esta nova foi o mesmo CEO da compañía, Juho Sarvikas a través da súa conta de Twitter.

Agardamos que polo ben de todas as usuarias, o resto de empresas teñan en conta este movemento de Nokia e fagan o mesmo do seu porfolio, pois un dos grandes males de Android aídan a día de hoxe é a fragmentación.

Sobre o autor

Reply