Suop apúntase ás tarifas combinadas de fibra e móbil

A operadora Suop, un dos OMV máis económicos para navegación e chamadas, amplía agora os seus servizos engadindo plans combinados de fixo e móbil, destinados a aquelas persoas que queren ter fibra na casa e unha boa cantidade de GB no seu móbil

En total son tres as novas tarifas que combinan voz, datos móbiles e fibra, todos eles con chamadas ilimitadas desde o noso smartphone e cos GB duplicados até o 31 de outubro.

  • Fibra 100 Mbps + 10 GB de datos móbiles + chamadas ilimitadas por 39,99 €/mes. En promoción 20 GB e 19,99 €/mes até o 30 de setembro.
  • Fibra 100 Mbps + 20 GB de datos móbiles + chamadas ilimitadas por 44,99 €/mes. En promoción 40 GB e 22,50 €/mes até o 30 de setembro.
  • Fibra 500 Mbps + 30 GB de datos móbiles + chamadas ilimitadas por 54,99 €/mes. En promoción 60 GB e 27,50 €/mes até o 30 de setembro.

O servizo de fibra de Suop non ten custe de alta nin de instalación, e a operadora encárgase de ofrecer un router de maneira gratuíta. Así mesmo, debemos ter en conta que non se ofrece servizo de telefonía fixa.

Sobre o autor

Reply