Fi Network, unha nova OMV de prezos baixos e cobertura Vodafone

De seguro que moitos terédesnos oído falar de Fi, a operadora posta en marcha hai uns anos por Google, e que nacía coa vontade de ser unha “operadora global”. Co tempo, esa idea foise diluíndo, e no Estado español houbo quen se fixo coa propiedade da marca para lanzar Fi Network.

Fi Network nace coa idea da simplicidade, e unha orientación moi clara cara a xente que quere un bo servizo sen gastar demasiado. Conta tamén con opcións de fibra realmente interesantes que prescinden de teléfono fixo, algo ao que cada vez se lle dá menos uso.

Traballa coa rede móbil de Vodafone e velocidade máxima 4G+, e permite acumular os gigas de datos non consumidos ou transferilos a outras usuarias da compañía. Como adoitar ser habitual no mundo dos OMV, non ten permanencia de ningún tipo.

Actualmente ofrece un total de 7 tarifas:

  • 100 minutos por 3,90 €
  • Chamadas ilimitadas por 6,90 €
  • 5 GB + 300 minutos por 7,90 €
  • 7 GB + ilimitadas por 9,90 €
  • 10 GB + ilimitadas por 10,90 €
  • 20 GB + ilimitadas por 14,90 €
  • 30 GB + ilimitadas por 19,90 €

Como pode verse, os prezos están bastante axustados, e en todas a partir da de 7 GB está operativa unha promoción pola cal regalan 66 GB, tanto aos novos clientes como aos actuais.

En canto ás tarifas de fibra, que chegarán de maneira inminente, a oferta tamén é simple:

  • 100 / 100 Mbps por 20,90 €
  • 300 / 300 Mbps por 24,90 €
  • 600 / 600 Mbps por 29,90 €

Neste caso, a instalación e o router son gratis, iso si, a cambio dunha permanencia de 12 meses.

Máis información | Fi Network

Sobre o autor

Reply