Google Pay engade novas entidades para pagar co móbil, entre elas Abanca e Caixa Rural

Pouco a pouco Google Pay vai incorporando novas entidades bancarias para converterse nunha completa ferramenta de pagos móbiles na que acumular todas as nosas tarxetas, con independencia da marca do dispositivo Android que empreguemos.

Tras un longo tempo sen novidades neste aspecto, Google vén de engadir nove novas entidades bancarias compatíbeis, que se suman ás 16 que xa o permitían até o de agora. Entre estas novas entidades están Abanca e o grupo Caixa Rural, dúas das máis empregadas en Galiza, ás que tamén se suman Cajasur, Kutxabank, Liberbank, Unicaja, Ibercaja, Cecabank e Caixa Ontinyent.

Até o de agora, Google Pay ofrecía servizo no noso país ás usuarias de BBVA, Edenred, American Express, Openbank, Correos, N26, Sodexo, Revolut, Bankia, Banco Mediolanum, Banca March, Rebellion, Banco Pichincha, Pibank, Boon e Bunq, polo que agora, coas novas incorporacións, o servizo de Google Pay é practicamente universal.

Sobre o autor

Reply