Google Assistant comeza a ler mensaxes das apps de mensaxería

No seu afán de converterse na aplicación máis completa, Google Assistant comeza a engadir unha interesante novidade: a posibilidade de ler en voz alta as mensaxes das aplicacións de mensaxería como WhatsApp, Telegram ou Messenger, entre outras.

Para poder empregar esta nova funcionalidade é preciso ter mensaxes pendentes de ler, como é lóxico, mais tamén conceder permiso á aplicación para acceder ás notificacións. Ademais, debemos indicarlle a Google que lea as nosas mensaxes: Ok Google, lee mis mensajes.

Como era de agardar, tras lernos as mensaxes Google tamén nos ofrece a posibilidade de respondelas, tamén mediante o ditado de voz, unha opción moi cómoda para cando non temos a posibilidade de empregar as mans.

Esta nova funcionalidade está en fase de implantación, polo que é posíbel que para algúns usuarios aínda tarde un pouco en aparecer. Un pequeno truco para “acelerar” a chegada desta se aínda non a temos activa é seleccionar o inglés como lingua de Assistant e, a continuación, darlle a orde nese idioma. Feito isto, xa quedará activo tamén noutros idiomas como o español ,xa que de momento Google Assistant non emprega o galego.

Sobre o autor

One Response

  1. Roi 5 Agosto, 2019 Responder

Reply

Deixa una resposta a Roi Cancelar a resposta