Fossil anuncia a 5ª xeración do seu smartwatch Android Wear

Fossil vén de lanzar o seu último wearable, o novo smartwatch Fossil de 5ª xeración, un trebello que incorpora o último procesador de Qualcomm destinado a este tipo de trebellos, o Qualcomm Snapdragon Wear 3100, ademais dun modo de batería ampliada e un altofalante para permitir responder chamadas.

En canto ás súas características técnicas, o novo reloxo de Fossil leva unha pantalla táctil de 1,3 polgadas, e no seu interior leva, ademais do xa nomeado procesador de Qualcomm, diferentes sensores como o de frecuencia cardíaca, GPS, altímetro, acelerómetro, xiroscopio, de luz ambiental, micrófono, así como as opción de conectividade Bluetooth, NFC

Se falamos de deseño, o primeiro que hai que destacar é que tanto a caixa (de 44 mm), como o bisel e os pulsadores están fabricados en aceiro inoxidábel. As correas e os brazaletes son intercambiábeis e está preparador para poder nadar con el, xa que admite presións de 3 ATM.

Dispoñibilidade e prezo

O novo smartwatch de Fossil, baseado en Android Wear, está dispoñíbel nun total de seis cores, diferentes combinacións de negro, afumado e rosa dourado. En calquera dos casos o seu prezo é de 299 euros.

Sobre o autor

Reply