Google deixa atrás os postres e Android Q será Android 10

Unha das curiosidades de Android desde os seus inicios tiñámola nos nomes das diferentes versións de Android. Google encargouse de crear unha espectativa arredor dos diferentes nomes, que seguindo as iniciais dos abecedario, foi facendo unha completa carta de postres.

Este ano, coa chegada da versión 10, a compañía semella que quixo dar unha volta ao tema, polo que xa é oficial que desarecen os postres e Android Q será unicamente Android 10. Sen máis.

Esta simplificación non é algo especial por ser o número redondo, xa que polo que se adiantou, as próximas versións irán collendo o nome da numeración e non dos postres.

Máis aló deste cambio, Google tamén presentou un novo logotipo, que modifica algo as cores, e unha tipografía actualizada. No seguinte vídeo pódese ver a nova imaxe corporativa.

Nokia avanza os móbiles que recibirán Android 10

Pola súa banda, Nokia xa avanzou os seus modelos que actualizarán a Android 10. Serán en total 17 modelos, e irán recibindo a nova versión entre outubro deste ano e xuño do 2020.

Entre outubro e decembro de 2019:

  • Nokia 7.1
  • Nokia 8.1
  • Nokia 9 Pureview

Entre xaneiro e marzo de 2020

  • Nokia 6.1
  • Nokia 6.1 Plus
  • Nokia 7 Plus
  • Nokia 2.2
  • Nokia 3.1 Plus
  • Nokia 3.2
  • Nokia 4.2
  • Nokia 1 Plus
  • Nokia 5.1 Plus
  • Nokia 8 Sirocco

Entre abril e xuño de 2020

  • Nokia 2.1
  • Nokia 3.1
  • Nokia 5.1
  • Nokia 1

Haberá que esperar agora para ver que se o resto de fabricantes van anunciando as súas novidades ao respecto do calendario de actualizacións.

Sobre o autor

Reply