Vodafone One Conecta: a alternativa ao ADSL con GB ilimitados

Vodafone acadou este ano dous grandes fitos, o primeiro comezar a espallar a súa rede 5G en varias cidades do Estado español (entre elas A Coruña e Vigo), e o segundo lanzar tarifas con gigas ilimitados.

Con esta segunda premisa eran moitas as usuarias que se plantexaban substituír os seus accesos ADSL, aló onde non chega a fibra, pola conectividade móbil. Pois ben, con Vodafone One Conecta a compañía comeza a ofrecer esa alternativa.

A oferta divídese en 5 opcións, con diferentes prezos para adaptarse a diferentes necesidades:

  • One Mini (47,99 €). Ofrece unha liña de móbil con 3 GB + ilimitadas e un router con datos ilimitados e velocidades até 300 Mbps.
  • One Extra (57,99 €). Leva unha liña de móbil con 6 GB + ilimitadas e
    un router con datos ilimitados e velocidades até 300 Mbps .
  • One Ilimitada (64,99 €). Achega unha liña de móbil con datos ilimitados (velocidade máxima 2 Mbps) + ilimitadas e
    un router con datos ilimitados e velocidades até 300 Mbps .
  • One Ilimitada Súper (69,99 €). Ten unha liña de móbil con datos ilimitados (velocidade máxima 10 Mbps) + ilimitadas e
    un router con datos ilimitados e velocidades até 300 Mbps .
  • One Ilimitada Total (73,99 €). É a máis vantaxosa, achegando unha liña de móbil con datos ilimitados a máxima velocidade + ilimitadas e
    un router con datos ilimitados e velocidades até 300 Mbps .

Ademais, en todas estas propostas ofrécese unha liña fixa semellante a Vodafone Fijo, é dicir, unha liña fixa que en realidade funciona cunha tarxeta SIM e permite mobilidade. Por contra, o router asociado a este servizo só se pode usar no lugar contratado.

Como promoción de benvida, Vodafone está ofrecendo un desconto do 50% durante 3 meses nas tarifas One Extra en adiante para contratacións antes do 30 de setembro.

Sobre o autor

Reply