OnePlus lanza o novo OnePlus 7T

OnePlus segue actualizando o seu portfolio de smartphones, e onte completou a súa “serie 7” co lanzamento do OnePlus 7T, un dispositivo sensibelemente inferior ao modelo referencial, pero que aínda así conta cunha folla de especificacións moi interesante.

Unha das apostas do fabricante con este modelo ten que ver co seu tamaño, onde nos atopamos unha pantalla de 6,55 polgadas. Así mesmo, e seguindo coa teima de dotar aos seus trebellos das últimas versións do sistema operativo, OnePlus saca ao mercado o novo terminal con Android 10 directamente.

Como diciamos, o OnePlus 7T conta cunha pantalla de 6,55 polgadas. Trátase dun panel Fluid AMOLED con resolución FHD+ (2400 x 1080 píxeles) e unha relación de aspecto 19,5:9.

Nas súas entranas temos o procesador Qualcomm Snapdragon 855+ (4 x 2,96 GHz + 4 x 1,8 GHz), con 8 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenaxe de memoria interna.

Como é de prever non smartphone deste ano, o trebelllo conta con triple cámara traseira, formada por un sensor principal Sony IMX586 de 48 Mpx e apertura f/1.6, acompañado dun segundo sensor gran angular de 16 Mpx con f/2.2 e ángulo de visión de 120 graos e un telefoto de 8 Mpx con zoom óptico 2x e apertura f/2.2. Na parte frontal temos outra cámara Sony, neste caso un IMX471 de 16 Mpx con f/2.20.

Completan a lista de especificacións a incorporación do sensor de pegadas dixitais baixo a pantalla, o conector USB-C 3.1 ou a presenza do chip NFC. En canato á batería, estamos a falar dunha pila de 3800 mAh de capacidade con carga rápida de 30 W.

Dispoñibilidade e prezo

O novo OnePlus 7T estará dispoñíbel en dúas opcións de memoria, unha de 128 GB cun prezo duns 489 € e outro de 256 GB que sube até os 519 €.

Sobre o autor

Reply