Samsung Galaxy A20S, novo básico da firma surcoreana

A pesarmos de que nesta época do ano todos os esforzos comerciais de Samsung están destinados a potenciar o seu Galaxy Note10 / Note10+, o certo é que o catálogo do fabricante surcoreano tamén se está a actualizar no outro estremo, no segmento de entrada.

Desta vez temos que anunciar a chegada do Samsung Galaxy A20S, un dispositivo modesto pero que conta concertas especificacións bastante interesantes, e un deseño que inclúe pantalla Infinity-V e un acabado brillante, malia estar acabado en plástico.

Centrándonos nas súas características temos que o procesador é un vello coñecido nesta gama, o Qualcomm Snapdragon 450, que chega acompañado de 3 / 4 GB de RAM e 32 / 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD (de até 512 GB).

A súa pantalla é un panel TFT de 6,5 polgadas e resolución HD (1560 x 720 píxeles), e a súa batería queda nos 4000 mAh. Dispón de lector de pegadas dixitais na parte posterior e conector de jack 3.5 mm.

Malia ser un terminal de entrada, o novo dispositivo de Samsung integra triple cámara traseira (13 + 8 + 5 Mpx, con aperturas f/1.8, f/2.2 e f/2.2, respectivamente). Do outro lado, na parte frontal temos unha cámara de 8 Mpx con apertura f/2.0.

Dispoñibilidade e prezo

Aínda que polo de agora este dispositivo non está dispoñíbel no noso país, agárdase que chegue nas próximas semanas. O seu prezo tampouco está confirmado, mais vendo a como se vai vender noutros mercados é de prever que estár nos 169 – 189 euros.

Sobre o autor

Reply