O2 engade o servizo multiSIM

O2, unha das marcas que pertencen ao paraugas de Telefónica, vén de anunciar novidades, aínda que desta vez non se trata dunha mellora nas tarifas, senón nos servizos que ofrece á súa clientela.

E é que a compañía acaba de engadir o servizo multiSIM, de maneira que as usuarias poden solicitar até dúas tarxetas adicionais co mesmo número, que poden ser físicas ou de tipo eSIM. O prezo do servizo é de 5 € ao mes, independentemente de que se colla unha ou as dúas SIM adicionais.

Para solicitar este novo servizo, as usuarias de O2 deben chamar ao teléfono de atención ao cliente da compañía, o 1551.

Sobre o autor

Reply