Yoigo regalará 10.000 dispositivos de coche conectado con SIM gratis durante un ano á súa clientela

Yoigo, a través da súa oferta de Requetemartes, regalará un total de 10.000 dispositivos Next Smart Car cunha tarxeta SIM que inclúe 3 GB de datos ao mes durante un ano entre os seus clientes polo mero feito de ser clientes.

Con este dispositivo e a súa aplicación conectada, as usuarias de Yoigo poderán disfrutar destas características:

  • Conectividade WiFi para todos os ocupantes do vehículo con 3 GB ao mes durrante 12 meses.
  • Motor de recomendacións de aforro: a través da aplicación os clientes recibirán ofertas pensadas para o condutor que poden supor aforros de até 200 euros por ano.
  • Alertas / seguridade: información de vehículo en movemento, diagnóstico técnico, información de traxectos, consumos, consultas, emerxencias, estado de vehículo.

O trebello en cuestión ten un valor de 99 €, pero será gratuíto para os clientes de Yoigo que o soliciten a partir do martes 29 de outubro. Como xa avanzamos, leva 3 GB de datos ao mes durante 12 meses, tamén de regalo. Despois dese tempo, aquelas persoas que queiran seguri co servizo deben poñerse en contacto coo Next Smart Car.

Sobre o autor

Reply