Facebook Pay, o sistema de pago para Facebook, Instagram e WhatsApp

Era un segredo a voces que desde Facebook estaban a traballar nunha solución propia para os pagamentos móbiles, aínda que non foi até o de aora cando fixeron oficial o lanzamento de Facebook Pay, un produto pensado para poder realizar compras desde as aplicacións da compañía (Facebook, Messenger, Instagram e WhatsApp).

O seu funcionamento é moi sinxelo, pois basta asociar unha tarxeta ou conta bancaria á nosa conta para facer os cargos e, a partir de aí, xa poderemos pagar con el nas aplicacións seleccionadas. Como métodos de seguridade poderemos escoller o uso dun PIN, da pegada dixital ou do escaneo facial en teléfonos como os iPhone.

Entre as cousas que podemos pagar, nun primeiro momento semella estar máis orientado a compras in-app, ademais de poder facer doazóns ou envíos de cartos entre usuarios oa estilo Bizum.

Inicialmente Facebook Pay lánzase nos Estados Unidos, malia que a idea é que vaia chegando a outros países máis adiante, iso si, sen falar de datas concretas.

Sobre o autor

Reply