O Grupo Másmóvil mellora as tarifas das súas marcas Yoigo e Másmóvil

Coa disculpa do Black Friday algunhas operadoras están a aproveitar o momento para mellorar as súas tarifas de maneira definitiva ou en forma de promoción temporal. No caso do Grupo Másmóvil, as melloras nos prezos de cliente chegan para quedar, ao actualizarse tanto as tarifas de móbil como os produtos converxentes das marcas Yoigo e Másmóvil.

Yoigo: máis GB e chamadas

No caso de Yoigo, a compañía vén de actualizar os seus plan de prezos para engadir minutos ilimitados en todos os plans, así como para aumentar a franquía de GBs incluídos sen que isto supoña aumentar o prezo final.

A oferta en contrato simplifícase con catro tarifas, que van desde os 12 até os 32 euros ao mes:

  • La Sinfín (12 €/mes): chamadas ilimitadas.
  • La Sinfín 3 GB (14 €/mes): chamadas ilimitadas + 3 GB.
  • La Sinfín 15 GB (25 €/mes): chamadas ilimitadas + 15 GB.
  • La Sinfín 40 GB (32 €/mes): chamadas ilimitadas + 40 GB.

Ademais, aquelas persoas que queiran dispór dunha segunda liña veranse beneficiadas da aplicación dun desconto nela do 50% para sempre.

No segmento prepago tamén actualizan o seu portfolio de tarifas, con outras catro opcións para contratar:

  • La Prepago de Llamadas Ilimitadas (12 €): chamadas ilimitadas.
  • La Prepago 6 GB (10 €): 200 minutos + 6 GB.
  • La Prepago 8 GB (15 €): chamadas ilimitadas + 8 GB.
  • La Prepago 16 GB (20 €): chamadas ilimitadas + 20 GB.

Másmóvil aposta polos produtos converxentes

No caso de Másmóvil, outra das marcas máis importantes do grupo, a gran aposta é pola mellora dos produtos converxentes, simplificando a oferta e mellorando as condicións.

A oferta de Másmóvil consta agora de unicamente dúas tarifas:

  • Fibra 100 Mbps (ou ADSL) + móbil (ilimitadas + 10 GB) por 39,90 €/mes.
  • Fibra 100 Mbps (ou ADSL) + móbil (ilimitadas + 19 GB) por 44,90 €/mes.

Cabe sinalar que en ambos produtos inclúese unha segunda liña con 1 GB de datos e chamadas ilimitadas gratuitamente, que leva teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles, e que se pode contratar tamén fibra de 600 Mbps por 10 €/mes a maiores.

Quen precise algunha liña adicional pode engadir tarifas con chamadas incluídas e 1, 3, 10 ou 19 GB por 3, 5, 8 ou 10 €, respectivamente.

Sobre o autor

Reply