25 GB gratis con Lowi para celebrar o nadal

Estase a converter nunha tradición. Como as luces de Vigo ou o turrón, coa chegada de Nadal chega a oferta de Lowi, que como vén facendo nos últimos anos, volve apostar por ofrecer un feixe de GB a toda a súa clientela.

Desta vez son 25 GB que recibirán todas as usuarias da compañía de baixo custe de Vodafone, con independencia da tarifa que se teña contratada. A promoción hai que activala entre o día 2 e 13 de xaneiro, aínda que a súa vixencia é até o día 31 de xaneiro.

Ademais, Lowi tamén ofrece a chamada “Lowipedrea”, coa que se pode conseguir un mes de factura gratis. Para participar é preciso acceder á aplicación Mi Lowi entre os días 12 e 21 de decembro e elixir dous díxitos. Se estas cifras coinciden cos dous últimos números do premio gordo da lotaría de Nadal, as usuarias recibirán un mes de factura gratis. Por probar que non sexa 🙂

Sobre o autor

Reply