Orange mellora a sú tarifa de 4G na casa con 50 GB

As alternativas ás conexións de ADSL, aló onde non chega nin está previsto que chegue a fibra, pasan necesariamente por opcións móbiles, un eido no que fomos descubrindo interesantes melloras nos últimos anos de cara a facer tarifas máis atractivas.

Compañías como Vodafone ou Movistar ofrecen servizos ilimitados de datos, e outros como Orange (ou a súa marca alternativa Amena) apostan por tarifas limitadas pero coa facilidade do “plug and play”, é dicir, enchufar estar listo para conectar.

No caso da marca principal, Orange vén de mellorar a súa tarifa “4G en casa”, engandindo 50 GB adicionais aos 60 GB que se viñan disfrutando nos últimos tempos, o que suman un total de 110 GB de datos dispoñíbeis ao mes. O que non cambia é a cota mensual, que fica nos 39,95 €/mes.

Aquelas persoas que en determinados meses queden “curtos de GB” poden optar por contratar un bono de datos adicional de 30 GB por 14,95 €/mes.

A tarifa “4G en casa” de Orange ten unha cota de alta de 18,15 € e leva asociados 12 meses de permanencia co router WiFi (en cesión). No caso de baixa, é preciso devolver o router ou abonar 60,50 € polo equipo.

Sobre o autor

Reply